2 de julho de 2008

Eterno Navegar

Saín de porto galego e embarquei nesta travesia a Paulo Borges quen levou o temón e que, como nativo das Illas Azores, recolleu, dende esa privilexiada situación, os ventos musicais do Atlántico, espallando esa sonoridade en cada recanto das cancións deste disco que foi gravado nos estudios Vale de Lobos, moi pretiño de Sintra, lugar máxico que nos serviu de inspirácion.

Con nós partiron nesta travesía o tamén azoriano Zeca Medeiros, as voces de Tito Paris e Sara Tavares, músicos galegos, portugueses, africanos e brasileiros nunha conxunción inaudita. (Júlio Pereira, Guadi Galego, Ugia Pedreira, Quim Farinha, Santi Cribeiro, Anxo Pintos, Manecas Costa, Amélia Muge, Filipa Pais, João Afonso, Paulo de Carvalho, Rui Veloso, S~ergio Godinho, entre outros...)

O motor desta aventura foi a música, a aprendizaxe doutras culturas e, dende o respecto á diferenza, acadar unha vontade de fusión, de universalización. A musica nunca tivo, nin terá, fronteiras.

(...)

Nas cancións sobrevoan moitos dos meus referentes: a voz telúrica de Santalices e, na súa zanfona, a esencia ancestral da música galega. As palabras de Caetano Veloso coa súa sedución sinuosa e cálida. A voz trémula do Zeca Afonso, beleza do esencial e tamén a cadencia de Cesária Évora. Todos e cada un deles son para min fonte de inspiración e alimento reconfortante para a alma.

(...)

Coa ollada ancorada nesta vida errante e mariñeira chegamos a outros horizontes atlánticos, un mundo ao que pertencemos e que nos fará máis libres unindo as nosas voces luso-brasileiras, luso-africanas e luso-galegas nunha soa voz para que a nosa travesia a este novo porto sexa feliz e fructífera.

Uxia

as nosas cores - Uxia (com Sara Tavares)

É un canto ás mulleres resistentes, ás mulleres-sol, ás que mesmo na adversidade saben atopar a forza e a enerxía para saír adiante. É tamén unha homenaxe a Malvela e Batuko Tabanka, fonte de inspiración e de alegrias. Convidei a Sara Tavares que puxo cor e sentimento coa súa voz de veludo.

Sem comentários: